
Xornadas Ecofeminismo decolonial e Mulleres Bravas
Convidámosvos a un encontro que organizamos dende Amigas da terra e Enxeñeiras sen fronteiras dentro do proxecto"Mulleres Bravas" que faremos o p´roximo sábado 3 de Outubro.
Aquí tedes o link a web do proxecto para buscar mási información https://mulleresbravas.gal/
O obxectivo deste encontro será formarnos e indagar no que entendemos coma ecofeminismo cunha mirada decolonial nas nosas organizacións, plataformas ou colectivos. Neste espazo tamén están convidas as activistas de Amigas da Terra pois tamén forma parte do encontro de activistas que facemos tódolos anos, desta vez centrado no ecofeminismo xa que é unha parte fundamental do noso plan estratéxico.
O lugar do evento está por definir pero pretendemos que sexa céntrico e accesible polo que andamos na procura de espazos axeitados en Compostela ou na súa contorna.
A axenda está por rematar de definir polo que podería varias nos seguintes meses pero por agora temos pensado:
Mañá comezando a redor das 10:00 e rematando a redor das 14:00:
1.Chegada
2.Formación teórica en ecofeminismo cunha mirada decolonial.
3.Formación práctica/vivencial en ecofeminismo cunha mirada decolonial.
4.Compartir as vivecias dunha activista hondureña que estará con nos de xira a traves de Mulleres Bravas
Xantar aproximadamente de 14:30 a 16:00
Ofreceremos un xantar para as persoas asistentes a xornada.
Tarde comezando a redor das 16:00 e rematando a redor das 20:00 con algunha pausa:
1.Presencación do informe sobe micromachismos no Activismo galego froito da colaboración de Mulleres Bravas coa facultade de Psicoloxía.
2.Indagación sobre o ecofeminismo nas nosas organizacións:
Cómo está integrado o ecofeminismo xa nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
Qué nos gustaría comezar a facer e integrar nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
Qué precisaríamos par ater unha visión máis ecofeminista e decolonial nas nosas organizacións colectivos ou plataformas?
3. Peche seguintes pasos
21:00 Cea para as persoas que desexan ter un espazo de partilha posterior ao evento
Se te chegou este convite é por que comprendemos que formas parte dunha rede de organizacións colectivos ou plataformas, afíns a nós que xa ten integrada dalgún xeito unha visión ecofeminista na súa orgnaización e que pode ter interese en indagar máis nela, ou que pertences a algunha organización colectivo ou plataforma, que participou antes con Mulleres Bravas e pensamos que este encontro pode ser do teu interese.
Grazas por ler ate aquí e se tes interese por favor rechea o formulario que tes máis adiante:
Feito con LiberaForms en my.liberaforms.org