Construímos pola paz - somos escola
Día Escolar pola Non Violencia e a Paz 2026
Comisión Mixta de Contorna do CEIP de Barouta, e AFA Barouta.
- Fagamos man a man un espazo de encontro, natural, sustentable e coa identidade da nosa contorna.
- Construamos verde demostrando o valor da colaboración e da cooperación como base para a paz e o entendemento na nosa comunidade.
- Xeneremos espazos que proporcionen ás crianzas de Barouta, no seu patio, calma, xogo amigábel e contacto coa natureza, co vencello emocional de sabelo feito por nós.
- Achégate e bota unha man, co teu rexistro axúdasnos a saber mellor o que podemos chegar a construir. tamén poderemos avisarte dos cambios pola meteoroloxía.
Integrantes da Comisión de Contorna estaremos dende a mañá comezando a preparar o terreo e o material do que dispoñemos. Así que finalice a Carreira pola Paz, ou cando poidas, achégate e continúa coa reivindicación da xornada poñendo en práctica as palabras do día: colabora, apoia, participa... pacíficamente, por un obxectivo común.
Xantar de convivio de 14.00-15.00h. (Pavillón cuberto)
Resto da xornada, ata completar estruturas: de 15.00-18.00h
Acopio de materiais (o que poidas traer, vimbio, salgueiro, ameneiro, abeleira...) desde as 10.00 detrás do pavillón.
Avisaremos de calquera cambio ante a previsión meteorolóxica da xornada no teléfono que nos indiques neste formulario.
Feito con LiberaForms en my.liberaforms.org